Conexión cun servizo web
Para conectarse ao servizo, seleccione Menú > Internet > Inicio; ou, no modo de
espera, manteña premida a tecla 0.
Logo de conectarse ao servizo, pode comezar a navegar polas súas páxinas. A función
das teclas do teléfono pode variar segundo o servizo. Siga as guías de texto da pantalla
do teléfono. Para obter máis información, póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos.
16. Servizos SIM
A súa tarxeta SIM pode fornecerlle servizos adicionais. Pode acceder a este menu só se
o admite a súa tarxeta SIM. O nome e os contidos do menú dependen dos servizos
dispoñibles.
17. Suxestións para respectar o medio
ambiente
A continuación, facilítanse suxestións acerca de como contribuír a protexer
o medio ambiente.
Aforro de enerxía
Cando se cargue completamente a batería e desconecte o cargador do dispositivo,
lembre tamén desconectar o cargador da toma de corrente.
Non é necesario cargar a batería con tanta frecuencia se leva a cabo as seguintes accións:
Pechar e desactivar as aplicacións, os servizos e as conexións cando non os estea a
utilizar.
Reducir o brillo da pantalla.
Axustar o dispositivo para que acceda ao modo de aforro de enerxía despois dun
período mínimo de inactividade, se esta opción se atopa dispoñible no dispositivo.