Nokia 2700 classic - Seguridade

background image

Seguridade

Lea estas sinxelas instrucións. Non respectalas pode resultar perigoso ou ilegal. Lea a

guía de usuario completa para obter máis información.

ACENDIDO SEGURO
Non acenda o dispositivo en zonas onde o uso de teléfonos sen fíos estea

prohibido ou cando poida provocar interferencias ou resulte perigoso.
A SEGURIDADE NA CONDUCIÓN É O PRIMEIRO
Respecte a lexislación local. Manteña sempre as mans libres para controlar o

vehículo durante a condución. A súa principal prioridade durante a condución

deberá ser a seguridade vial.
INTERFERENCIAS
Todos os dispositivos sen fíos son susceptibles de recibir interferencias, o que

pode afectar ao seu rendemento.
DESCONEXIÓN NAS ÁREAS RESTRINXIDAS
Respecte as restricións. Apague o dispositivo nos avións, preto de equipos

médicos, combustibles, produtos químicos ou zonas volátiles.
SERVIZO CUALIFICADO
O produto só poderá ser instalado ou reparado por persoal cualificado.

ACCESORIOS E BATERÍAS
Utilice unicamente accesorios e baterías autorizados. Non conecte produtos

non compatibles.
RESISTENCIA Á AUGA
O dispositivo non é resistente á auga. Mantéñao seco.

© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.

6