Reprodutor de música
O teléfono inclúe un reprodutor de música para escoitar cancións ou outros ficheiros de
son MP3 ou AAC.
Aviso: Escoite música a un volume moderado. A exposición continua a niveis
elevados de volume pode danar a súa capacidade auditiva. Non suxeite o dispositivo
preto do seu oído co altofalante activado, xa que o son podería emitirse a un nivel de
volume extremadamente elevado.
Seleccione Menú > Multimedia > Reprod. música.
Para comezar a reprodución ou para facer unha pausa, prema a tecla de selección do
medio.
Para ir ao comezo da canción actual, desprácese á esquerda.
Para ir á canción anterior, desprácese á esquerda dúas veces.
Para ir á seguinte canción, desprácese cara á dereita.
Para rebobinar, manteña premida a tecla de desprazamento cara á esquerda.
Para avanzar rapidamente, manteña premida a tecla de desprazamento cara á dereita.
Para axustar o volume, desprácese arriba ou abaixo.
Para poñer o reprodutor de música no modo silencio ou para anular este modo, prema
#.
Para deixar que o reprodutor de música funcione en segundo plano, prema a tecla de
fin. Para pechar o reprodutor de música, manteña premida a tecla de fin.
13. Aplicacións
O software do seu teléfono pode incluír algúns xogos e aplicacións Java deseñadas
específicamente para este teléfono Nokia.
Seleccione Menú > Aplicacións.
Para executar un xogo ou aplicación, seleccione Xogos ou Colección. Desprácese ata
un xogo ou aplicación e seleccione Abrir.
Para ver a cantidade de memoria dispoñible para instalar xogos e aplicacións, seleccione
Opcións > Estado da memoria.
Para descargar un xogo ou aplicación, seleccione Opcións > Descargas > Xogos
descargados ou Descargas aplic.. O teléfono admite aplicacións Java J2ME™.
Comprobe que a aplicación sexa compatible co teléfono antes de descargala.