Nokia 2700 classic - Radio FM

background image

Radio FM

A radio FM utiliza unha antena distinta da antena sen fíos do dispositivo. Para que a

radio FM funcione correctamente, cómpre dispoñer dun ML portátil ou un accesorio

compatible conectado ao dispositivo.

Aviso: Escoite música a un volume moderado. A exposición continua a niveis

elevados de volume pode danar a súa capacidade auditiva. Non suxeite o dispositivo

preto do seu oído co altofalante activado, xa que o son podería emitirse a un nivel de

volume extremadamente elevado.
Seleccione Menú > Multimedia > Radio ou, no modo de espera, manteña premida

*.
Se xa ten emisoras de radio gardadas, desprácese á esquerda ou á dereita para cambiar

entre elas ou prema a tecla de número correspondente para localizar a emisora

desexada na memoria.
Para buscar unha emisora próxima, manteña premida a tecla de desprazamento cara á

esquerda ou cara á dereita.
Para gardar a emisora que sintonizou, seleccione Opcións > Gardar emisora.
Para axustar o volume, desprácese arriba ou abaixo.
Para escoitar a radio en segundo plano, prema a tecla de fin. Para pechar a radio,

manteña premida a tecla de fin.