
Medios
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
25

Para aumentar ou reducir en modo cámara, desprácese arriba ou abaixo.
Para activar o disparador automático ou capturar imaxes sucesivas rapidamente,
seleccione Opcións e a opción apropiada.
Para fixar a calidade de imaxe, a resolución de imaxe ou o modo vista previa e a hora,
seleccione Opcións > Axustes.
Grabar un videoclip
Para usar a función de vídeo, seleccione Menú > Multimedia > Vídeo. Para empezar
a gravar un videoclip, seleccione Gravar.
Pode gravar utilizando unha calidade de vídeo inferior para obter un maior tempo de
gravación. Para cambiar os axustes da calidade e axustar a duración máxima do
videoclip, seleccione Menú > Multimedia > Cámara > Opcións > Axustes >
Calidade de videoclip, ou Duración videoclip.