Cargar a batería
A batería fornécese parcialmente cargada de fábrica. Se o dispositivo indica que a
batería dispón de pouca carga, siga estes pasos:
1. Conecte o cargador á toma da parede.
2. Conecte o cargador ao dispositivo.
3. Cando o dispositivo indique que a batería se atopa completamente
cargada, desconecte o cargador do dispositivo e logo da toma da
parede.
Non é necesario cargar a batería durante un período de tempo específico
e pode utilizar o dispositivo durante o proceso de carga. Se a batería está
completamente descargada, é posible que teña que esperar varios minutos para poder
efectuar chamadas e para poder visualizar o indicador de carga na pantalla.