Bloqueo do teclado
Para evitar que se preman teclas accidentalmente, seleccione Menú, e prema * en 3,5
segundos para bloquear o teclado.
Para desbloquear o teclado, seleccione Desbloq., e prema * en 1,5
segundos. Se o bloqueo do teclado de seguridade está activado, introduza
o código de seguridade cando llo solicite.
Para configurar o teclado para que se bloquee automaticamente despois
dun tempo prestablecido cando o teléfono está no modo en espera,
seleccione Menú > Axustes > Teléfono > Bloq. teclado autom. >
Activado.
Para responder a unha chamada cando o teclado está bloqueado, prema a tecla de
chamada. Cando finalice ou rexeite a chamada, o teclado bloquease automaticamente.
Se o dispositivo ou o teclado se atopan bloqueados, será posible efectuar chamadas ao
número de urxencia oficial programado no dispositivo.