Nokia 2700 classic - Auriculares

background image

Auriculares

Aviso: Escoite música a un volume moderado. A exposición continua a niveis

elevados de volume pode danar a súa capacidade auditiva. Non suxeite o dispositivo

preto do seu oído co altofalante activado, xa que o son podería emitirse a un nivel de

volume extremadamente elevado.

Aviso: Cando utilice os auriculares, é posible que a súa capacidade para escoitar

sons do exterior se vexa afectada. Non utilice os auriculares en situacións nas que se

poida poñer en risco a súa seguridade.
Cando conecte un dispositivo externo ou uns auriculares distintos dos autorizados por

Nokia para utilizalos con este dispositivo ao conector AV de Nokia, preste atención

especial ao nivel do volume.
Non conecte produtos que poidan emitir sinais de saída, xa que poderían producirse

danos no dispositivo. Non conecte ningunha fonte de tensión ao conector AV de Nokia.