Aplicacións executándose en segundo plano
Deixar aplicacións executándose en segundo plano aumenta o consumo de enerxía e
reduce a duración da batería.
2. Información xeral
Verbo do dispositivo
A utilización do dispositivo sen fíos descrito nesta guía está aprobada en redes (E)GSM
850, 900, 1800, e 1900 MHz . Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos para
obter máis información acerca das redes.
Cando utilice as funcións deste dispositivo, respecte a lexislación e os costumes locais,
a intimidade e os dereitos lexítimos das demais persoas, incluídos os dereitos de autor.
É posible que as leis de protección dos dereitos de autor non autoricen a copia,
modificación ou transferencia dalgunhas imaxes, música e demais contido.
É posible que o dispositivo dispoña de favoritos e ligazóns de sitios web de terceiras
partes preinstalados. Tamén é posible acceder a outros sitios web de terceiras partes
mediante o dispositivo. Os sitios web de terceiras partes non teñen ningún tipo de
relación con Nokia, polo que Nokia non asumirá ningunha responsabilidade
correspondente a eles. Se decide acceder ós sitios mencionados, deberá tomar
precaucións relacionadas coa seguridade ou cos contidos.