Nokia 2700 classic - Servizos de rede

background image

Servizos de rede

Para utilizar o dispositivo, cómpre dispoñer dos servizos dun fornecedor de servizos sen

fíos. Moitas das funcións do produto requiren dispoñer de funcións especiais de rede.

Estas funcións non se atopan dispoñibles en todas as redes; é posible que para poder

utilizar os servizos de rede noutras redes sexa necesario establecer acordos específicos

co seu fornecedor de servizos. O uso de servizos de rede implica a transmisión de datos.

Comprobe co seu fornecedor de servizos os detalles verbo de tarifas na súa rede propia

ou durante a itinerancia noutras redes. Este pode facilitarlle instrucións e explicarlle os

importes que lle serán cargados polo servizo. É posible que algunhas redes teñan

limitacións que afecten ao modo en que pode utilizar os servizos de rede. Por exemplo,

é posible que algunhas redes non admitan todos os caracteres e servizos dependentes

dos idiomas.
É posible que o seu fornecedor de servizos ordenase a desactivación ou non activación

de determinadas funcións no dispositivo. En tal caso, as mencionadas funcións non

aparecerán no menú do dispositivo. Tamén é posible que o dispositivo dispoña dunha

configuración especial, como cambios nos nomes ou na orde dos menús, ou nas iconas.

Póñase en contacto so seu fornecedor de servizos para obter máis información.
O dispositivo é compatible cos protocolos WAP 2.0 (HTTP e SSL) que se executan nos

protocolos TCP/IP. Algunhas funcións deste dispositivo, como mensaxes multimedia

(MMS), navegación e aplicación de correo electrónico requiren soporte da rede para

estas tecnoloxías.