Información de certificación (SAR)
Este dispositivo móbil cumpre coas directrices de exposición ás ondas de radio.
O dispositivo móbil é un transmisor e receptor de radio. Está deseñado para non
sobrepasar os límites de exposición ás ondas de radiofrecuencia recomendadas polas
directrices internacionais. O organismo científico independente ICNIRP desenvolveu
estas directrices, que inclúen marxes de seguridade deseñadas para garantir a
protección de tódalas persoas, independentemente da idade e da saúde.
As directrices de exposición para os dispositivos móbiles empregan unha unidade de
medición coñecida como o Índice de Absorción Específico ou SAR. O límite de SAR
exposto nas directrices de ICNIRP é de 2,0 watts/quilogramo calculado en
aproximadamente 10 gramos de tecido. As probas para SAR lévanse a cabo utilizando
posicións de funcionamento estándar co dispositivo transmitindo no seu nivel de
enerxía máis alto en tódalas bandas de frecuencia probadas. O nivel de SAR real dun
dispositivo en funcionamento pode estar por debaixo do valor máximo debido a que o
Información adicional de seguridade
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
37
dispositivo está deseñado para empregar só a enerxía xusta para conectarse coa rede.
A cantidade cambia dependendo dun gran número de factores, como a que distancia
se atopa dunha estación base de rede. O valor de SAR máis alto admitido segundo as
directrices de ICNIRP para utilizar o dispositivo pegado á orella é de 0,84 W/kg.
O uso de accesorios do dispositivo pode causar a aparición de diferentes valores de SAR.
Os valores de SAR poden variar dependendo das necesidades de información e probas
nacionais e da banda de rede. Se desexa obter información de SAR adicional, consulte
a sección de información do produto da páxina web www.nokia.com.
Información adicional de seguridade
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
38