Nokia 2700 classic - Entorno operativo

background image

Entorno operativo

O dispositivo cumpre coas directrices de exposición a radiofrecuencia cando se emprega

na posición normal de uso no oído ou cando se coloca polo menos a 2,2 centímetros

(7/8 polg.) centímetros do corpo. Se se utiliza unha funda de transporte, unha pinza

para o cinto ou un soporte para utilizar o produto pegado ó corpo, estes non deberán

conter ningunha peza de metal e deberá colocar o dispositivo á distancia indicada

anteriormente.
Para transmitir ficheiros de datos ou mensaxes, o dispositivo require unha conexión de

calidade á rede. Nalgúns casos, a transmisión de ficheiros de datos ou mensaxes pode

retrasarse ata que estea dispoñible a conexión. Asegúrese de respectar as instrucións

sobre a distancia de separación indicadas anteriormente ata completar a transmisión.
Existen partes do dispositivo que son magnéticas. É posible que os materiais metálicos

sexan atraídos polo dispositivo. Non coloque tarxetas de crédito nin outros soportes de

almacenaxe magnéticos preto do dispositivo, xa que é posible que se elimine a

información almacenada neles.