Nokia 2700 classic - Dispositivos médicos implantados

background image

Dispositivos médicos implantados

Os fabricantes de dispositivos médicos recomendan manter unha separación mínima

de 15,3 centímetros (6 polgadas) entre o dispositivo sen fíos e os dispositivos médicos

implantados, como os marcapasos ou os desfibriladores cardioversores implantados,

para evitar posibles interferencias co dispositivo médico. As persoas que dispoñan dos

mencionados dispositivos deberán:

Manter sempre o dispositivo sen fíos a unha distancia de 15,3 centímetros (6

polgadas) do dispositivo médico cando o dispositivo sen fíos se atope acendido.
Non transportar o dispositivo sen fíos no peto da camisa.
Utilizar o dispositivo sen fíos no oído situado no lado contrario ao dispositivo médico

para minimizar as posibles interferencias.
Apagar o dispositivo sen fíos inmediatamente se sospeita que se producen

interferencias.
Lea e respecte as instrucións do fabricante do dispositivo médico implantado.

Información adicional de seguridade

© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.

35

background image

Se dispón dalgunha pregunta acerca da utilización do dispositivo sen fíos cun

dispositivo médico implantado, póñase en contacto co seu médico.