Dispositivos médicos
A utilización de calquera equipo de transmisión por radio, incluídos os teléfonos sen
fíos, pode producir interferencias no funcionamento de dispositivos médicos
incorrectamente protexidos. Póñase en contacto cun médico ou co fabricante do
dispositivo para determinar se se atopa axeitadamente protexido da enerxía de
radiofrecuencia externa ou se desexa efectuar algunha pregunta. Apague o dispositivo
en centros de atención médica cando así o esixan as normativas de mesmo. É posible
que os hospitais ou os centros de atención médica utilicen equipos que poidan resultar
sensibles á enerxía de radiofrecuencia externa.