Chamadas de emerxencia
Importante: Este dispositivo funciona con sinais de radio, redes sen fíos, redes
terrestres e funcións programadas polo usuario. Se o dispositivo admite chamadas de
voz a través da Internet (chamadas da Internet), active as chamadas da Internet e o
teléfono móbil. O dispositivo intentará efectuar as chamadas de emerxencia a través
das redes móbiles e do fornecedor de chamadas da Internet se se atopan activados
ámbolos dous. Non se pode garantir que as conexións funcionen en todas as condicións.
Nunca dependa unicamente dun dispositivo móbil para efectuar comunicacións
importantes, coma urxencias médicas.
Para efectuar chamadas de emerxencia, faga o seguinte:
1. Se o dispositivo está apagado, acéndao. Comprobe que a intensidade do sinal é a
axeitada. En función do dispositivo, é posible que tamén necesite realizar o seguinte:
Insira unha tarxeta SIM se o dispositivo utiliza unha.
Elimine as restricións das chamadas que estean activadas no dispositivo.
Cambie o perfil Desconectado ou Voo a un perfil activo.
2. Prema a tecla Finalizar as veces necesarias para borrar a pantalla e preparar o
dispositivo para chamadas.
3. Insira o número de emerxencia da localidade na que se atope. Os números de
emerxencia poden variar en cada localidade.
4. Prema a tecla Chamar.
Cando realice unha chamada de emerxencia, facilite toda a información necesaria do
xeito máis preciso posible. É posible que o seu dispositivo sen fíos sexa o único medio
de comunicación na escena dun accidente. Non finalice a chamada ata que reciba
permiso para facelo.