
co seu fornecedor de servizos.
Para ver os cartafoles, seleccione Menú > Galería.
12. Medios
Cámara e vídeo
O dispositivo admite unha resolución de captura de imaxes de 1200x1600 píxeles.
Para un funcionamento máis rápido cando capture unha imaxe, configure a cámara para
que use unha resolución máis baixa cando non estea inserida a tarxeta da memoria.
Capturar unha imaxe
Para usar a función de imaxe fixa, seleccione Menú > Multimedia > Cámara, ou se
a función de vídeo está activada, desprácese á esquerda ou á dereita. Para capturar
unha imaxe, seleccione Capturar.