Nokia 2700 classic - Inserción de texto preditivo

background image

Inserción de texto preditivo

A inserción de texto preditivo basease nun dicionario incorporado ao que pode engadir

novas palabras.
1. Comece a escribir unha palabra usando as teclas 2 a 9. Prema cada tecla só unha vez

para cada letra.

2. Para confirmar unha palabra, desprácese á dereita e engada un espazo.

Se a palabra non é correcta, prema * varias veces e seleccione a palabra da lista.
Se se amosa o carácter ? despois da palabra, a palabra que pretende escribir non

se atopa no dicionario. Para engadir a palabra ao dicionario, seleccione

Escribir Insira a palabra usando a inserción de texto tradicional e seleccione

Gardar.
Para escribir palabras compostas, insira a primeira parte da palabra, e desprácese

á dereita para confirmala. Escriba a última parte da palabra, e confírmea.

3. Comece a escribir a seguinte palabra.

5. Navegación polos menús

As funcións do teléfono agrúpanse en menús. Aquí non se describen todas as opcións

ou funcións dos menús.
No modo de espera, seleccione Menú e o menú e submenú que desexe. Seleccione

Saír ou Atrás para saír do actual nivel do menú. Prema a tecla de fin para volver

directamente ao modo en espera. Para cambiar a vista de menú, seleccione Menú >

Opcións > Vista menú ppal..