Crear unha mensaxe de texto ou multimedia
1. Seleccione Menú > Mensaxes > Crear mensaxe > Mensaxe.
2. Para engadir destinatarios, desprácese ata o campo Para:, e escriba o número do
destinatario ou o e-mail, ou seleccione Engadir para seleccionar destinatarios das
opcións dispoñibles. Seleccione Opcións para engadir destinatarios e asunto e para
establecer as opcións de envío.
3. Desprácese ata o campo Texto:, e escriba a mensaxe de texto.
4. Para achegar un arquivo á mensaxe, desprácese ata a barra de engadidos na parte
inferior da pantalla e seleccione o tipo de contidos desexados.
5. Para enviar unha mensaxe, prema Enviar.
O tipo de mensaxe indícase na parte superior da pantalla e cambia automaticamente
dependendo do contido da mensaxe.
Os provedores de servizos poden facturar de forma diferente dependendo do tipo de
mensaxe. Comprobe co seu provedor para máis detalles.