
Sincronización e copia de seguridade
Seleccione Menú > Axustes > Sinc. e copia seg. e das seguintes opcións:
Intercambio tlf. — Sincronice ou copie os datos seleccionados entre o seu teléfono
e outro teléfono usando tecnoloxía Bluetooth .
Crear copia seg. — Crear unha copia de seguridade dos datos seleccionados na
tarxeta de memoria ou nun dispositivo externo.
Recup copia seg. — Seleccione un arquivo de copia de seguridade gardado na
tarxeta de memoria ou nun dispositivo externo e restáureo no teléfono. Seleccione
Opcións > Detalles para obter información sobre o arquivo de copia de seguridade
seleccionado.
Transfer. datos — Sincronice ou copie os datos seleccionados entre o seu teléfono
e outro dispositivo, PC ou servidor de rede (servizo de rede).