Nokia 2700 classic - Coidado e mantemento

background image

Coidado e mantemento

O dispositivo é un produto que dispón dun deseño e artesanía superiores e debe ser

tratado con coidado. As seguintes suxestións axudaranlle a conservar a cobertura da

garantía.

Manteña o dispositivo seco. As precipitacións, a humidade e todos os tipos de líquidos

poden conter minerais que produzan a corrosión dos circuítos electrónicos. Se o

dispositivo entra en contacto coa auga, retire a batería e agarde a que o dispositivo

se seque completamente antes de volver a colocala.
Utilice un pano seco, suave e limpo para limpar os obxectivos da cámara, do sensor

de proximidade e do sensor de luz.
Non utilice nin almacene o dispositivo en lugares sucios e poeirentos, xa que

poderían producirse danos nas súas pezas móbiles e nos compoñentes electrónicos.
Non garde o dispositivo en lugares cálidos. As temperaturas elevadas poden reducir

a vida útil dos dispositivos electrónicos, danar as baterías e deformar ou derreter

determinados plásticos.
Non garde o dispositivo en lugares fríos. Cando o dispositivo regrese á súa

temperatura normal, é posible que se forme humidade no interior do mesmo e que

se produzan danos nas placas dos circuítos electrónicos.
Non intente abrir o dispositivo dun xeito distinto ao indicado nesta guía.
Non deixe caer, golpee nin axite o dispositivo. Un manexo brusco pode producir a

rotura das placas dos circuítos e do mecanismo interno.
Non utilice produtos químicos agresivos, disolventes de limpeza nin deterxentes

concentrados para limpar o dispositivo.

Coidado e mantemento

© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.

33

background image

Non pinte o dispositivo. A pintura pode atascar as pezas móbiles e impedir o

funcionamento axeitado.
Utilice unicamente a antena de reposto fornecida ou unha autorizada polo

fabricante. A utilización de antenas, modificacións ou accesorios non autorizados

pode danar o dispositivo e infrinxir a lexislación que regula o uso de dispositivos de

radio.
Utilice os cargadores en lugares interiores.
Cree sempre unha copia de seguridade dos datos que desexe manter, coma os

contactos e as notas do calendario.
Para reiniciar o dispositivo de vez en cando para obter un rendemento óptimo,

apágueo e retire a batería.

Estas suxestións aplícanse igualmente ao dispositivo, á batería, ao cargador ou a

calquera accesorio. Se o dispositivo non funciona correctamente, envíeo ao centro de

servizo técnico autorizado máis próximo.