Información sobre a batería e o cargador
O dispositivo funciona cunha batería recargable. A batería deseñada para utilizarse co
dispositivo é a BL-5C. Nokia pode fabricar modelos de batería adicionais para este
dispositivo. O dispositivo está deseñado para utilizarse cos seguintes cargadores:
AC-3. O número exacto do modelo do cargador pode variar dependendo do tipo de
enchufe. O tipo de enchufe pode ser un dos seguintes: E, EB, X, AR, U, A, C ou UB.
A batería pode cargarse e descargarse centos de veces, pero finalmente, desgástase.
Cando a duración da batería no modo de espera e durante as conversas telefónicas se
reduza considerablemente, substitúaa. Utilice unicamente baterías autorizadas por
Nokia e recárgueas unicamente con cargadores autorizados por Nokia deseñados para
utilizarse con este dispositivo. A utilización dunha batería ou cargador non
homologados pode implicar un risco de incendio, explosión, fuga ou outros perigos.
Se utiliza unha batería por primeira vez ou se esta non se utiliza dende hai moito tempo,
é posible que sexa necesario conectar o cargador, desconectalo e volvelo conectar para
comezar a cargar a batería. Se a batería está completamente descargada, é posible que
teña que esperar varios minutos para poder efectuar chamadas e para poder visualizar
o indicador de carga na pantalla.
Apague sempre o dispositivo e desconecte o cargador antes de extraer a batería.
Desconecte o cargador da toma de corrente e do dispositivo cando non o utilice. Non
deixe unha batería completamente cargada conectada a un cargador, xa que o exceso
de carga pode reducir a súa vida útil. Se non se utilizan, as baterías cargadas perden a
súa carga co paso do tempo.
Intente manter sempre a batería a unha temperatura comprendida entre os 15ºC e os
25ºC. A exposición da batería a temperaturas extremas reduce a capacidade e a vida útil
da mesma. É posible que o dispositivo non funcione temporalmente se a batería está
fría ou quente. O rendemento da batería é especialmente limitado a temperaturas
situadas por debaixo de 0ºC.
Non provoque un curtocircuíto na batería. É posible que se produzan curtocircuítos
accidentais se un obxecto metálico, coma unha moeda, un clip ou un bolígrafo provoca
un contacto directo dos terminais positivo (+) e negativo (-) da batería. (Os terminais
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
31
teñen o aspecto de tiras metálicas na batería). Isto pode ocorrer, por exemplo, cando
transporta unha batería de reposto no peto ou no bolso. Os curtocircuítos nos terminais
poden danar a batería ou o obxecto que realiza o contacto.
Non bote as baterías ao lume, xa que poderían explotar. As baterías tamén poden
explotar se están danadas. Respecte as normativas locais no momento de desfacerse
das baterías. Recicle as baterías cando sexa posible. Non as deposite en lugares
destinados aos residuos domésticos.
Non desmonte, corte, abra, esmague, dobre, deforme, perfore nin triture as pilas nin as
baterías. No caso de que se produzan fugas na batería, evite que o líquido entre en
contacto coa pel ou os ollos. No caso de que se produza a mencionada fuga, lave
inmediatamente a pel ou os ollos con auga ou solicite asistencia médica.
Non modifique, reconstrúa nin intente inserir obxectos estraños na batería, nin a
expoña ou somerxa en auga ou outros líquidos.
O uso non axeitado da batería pode provocar un incendio, unha explosión e outros
perigos. Se deixa caer o dispositivo ou a batería, especialmente sobre unha superficie
dura, e cree que a batería puido quedar danada, envíea a un centro de servizo técnico
para revisala antes de continuar utilizándoa.
Utilice a batería unicamente para o uso para o que foi deseñada. Nunca utilice
cargadores nin baterías danadas. Manteña a batería fóra do alcance dos nenos.
Batería
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
32