Manual do Usuario do Nokia 2700
classic
Edición 1.1
DECLARACIÓN DE CONFORMIDADE
Pola presente, NOKIA CORPORATION afirma que este produto RM-561 cumpre cos
requirimentos básicos e con outras condicións relevantes da Directiva 1999/5/CE. Pódese
consultar unha copia da Declaración de conformidade na páxina http://www.nokia.com/
phones/declaration_of_conformity/.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Nokia, Nokia Connecting People e Navi son marcas comerciais ou marcas comerciais rexistradas de Nokia Corporation.
Nokia tune é unha melodía rexistrada de Nokia Corporation. O resto de produtos e nomes de compañías mencionados
neste documento poden ser marcas comerciais ou nomes comerciais dos seus respectivos propietarios.
A reprodución, transferencia, distribución ou almacenaxe de todo ou parte dos contidos deste documento, de
calquera modo e sen o previo consentimento por escrito de Nokia está prohibido.
Includes RSA BSAFE cryptographic or security protocol software from RSA Security.
Java is a trademark of Sun Microsystems, Inc.
This product is licensed under the MPEG-4 Visual Patent Portfolio License (i) for personal and noncommercial use in
connection with information which has been encoded in compliance with the MPEG-4 Visual Standard by a consumer
engaged in a personal and noncommercial activity and (ii) for use in connection with MPEG-4 video provided by a
licensed video provider. No license is granted or shall be implied for any other use. Additional information, including
that related to promotional, internal, and commercial uses, may be obtained from MPEG LA, LLC. See http://
www.mpegla.com
Este produto concédese baixo a licenza MPEG-4 Visual Patent Portfolio License (Licenza de carteira de patentes de
vídeo MPEG-4) (i) para o uso persoal con fins non comerciais en relación cunha información codificada de acordo co
estándar de vídeo MPEG-4 por un consumidor que realiza unha actividade persoal e non comercial e (ii) para o seu
uso en relación co vídeo MPEG-4 fornecido por un provedor de vídeo con licenza. Deste xeito, non se outorga licenza
nin se autoriza ningún outro uso. É posible obter información adicional de MPEG LA, LLC, incluída a información
relacionada cos usos promocionais, internos e comerciais. Para obter dita información, visite a páxina http://
www.mpegla.com
Nokia opera cunha política de desenvolvemento continuo, e resérvase o dereito a efectuar modificacións e melloras
en calquera dos produtos descritos neste documento sen previo aviso.
NA MÁXIMA MEDIDA PERMITIDA POLA LEXISLACIÓN APLICABLE, NIN NOKIA NIN NINGÚN DOS SEUS LICENZANTES SE
RESPONSABILIZARÁ BAIXO NINGUNHA CIRCUNSTANCIA DA PERDA DE DATOS OU INGRESOS NIN DE NINGÚN DANO ESPECIAL,
INCIDENTAL, CONSECUENTE (LUCRO CESANTE) INDIRECTO, INDEPENDENTEMENTE DA SÚA CAUSA.
OS CONTIDOS DESTE DOCUMENTO FORNÉCENSE "TAL CAL". SALVO QUE ASÍ O ESIXA A LEI APLICABLE, NON SE OFRECERÁ
NINGÚN TIPO DE GARANTÍA, EXPRESA OU IMPLÍCITA, INCLUÍDA, PERO SEN LIMITARSE A ELA, A GARANTÍA IMPLÍCITA DE
COMERCIABILIDADE E ADAPTACIÓN A UN PROPÓSITO CONCRETO CON RESPECTO Á EXACTITUDE, FIABILIDADE E CONTIDO
DESTE DOCUMENTO EN CALQUERA MOMENTO SEN PREVIO AVISO. NOKIA RESÉRVASE O DEREITO DE REVISAR OU RETIRAR
ESTE DOCUMENTO EN CALQUERA MOMENTO SEN PREVIO AVISO.
A dispoñibilidade de aplicacións, produtos e servizos concretos pode variar segundo a rexión xeográfica. Póñase en
contacto co seu distribuidor Nokia para coñecer os detalles e a dispoñibilidade dalgúns idiomas.
Controis de exportación
Este dispositivo pode conter elementos, tecnoloxía ou software suxeitos á lexislación de exportación e ás normativas
dos Estados Unidos e doutros países. Queda prohibida calquera alteración contraria ás disposicións da lexislación
correspondente.
É posible que as aplicacións doutros fabricantes fornecidas co dispositivo foran creadas e sexan propiedade de
persoas ou entidades non asociadas nin relacionadas con Nokia. Nokia non é propietaria dos dereitos de autor nin
de propiedade intelectual das aplicacións de terceiras partes. Debido a esta razón, Nokia non se responsabilizará da
asistencia técnica ao usuario, da funcionalidade das aplicacións nin da información contida nas aplicacións nin nos
materiais. Nokia non ofrece ningunha garantía sobre as aplicacións de terceiras partes. MEDIANTE O USO DAS
APLICACIÓNS, VOSTEDE ADMITE QUE AS APLICACIÓNS FORNÉCENSE “TAL CAL”, SEN GARANTÍAS DE NINGÚN TIPO, TANTO
EXPRESAS COMA IMPLÍCITAS, NA MÁXIMA MEDIDA PERMITIDA POLA LEXISLACIÓN APLICABLE. TAMÉN RECOÑECE QUE NIN
NOKIA NIN AS SÚAS COMPAÑÍAS FILIAIS OFRECERÁN GARANTÍA NIN REPRESENTACIÓN ALGUNHA, EXPRESA OU IMPLÍCITA,
INCLUÍDA, PERO SEN LIMITARSE A ELA, A GARANTÍA DE TÍTULO, DE CAPACIDADE COMERCIAL E ADAPTACIÓN A UN PROPÓSITO
CONCRETO, NIN QUE AS APLICACIÓNS NON INFRINXAN AS PATENTES, DEREITOS DE AUTOR E MARCAS COMERCIAIS OU DEMAIS
DEREITOS DE TERCEIRAS PARTES,.
AVISO DO INDUSTRY CANADA/FCC
É posible que o dispositivo provoque interferencias nos televisores ou aparatos de radio (por exemplo, se utiliza un
teléfono preto dun equipo receptor). É posible que a FCC ou Industry Canada esíxanlle que deixe de utilizar o teléfono
no caso de que non se poidan eliminar as mencionadas interferencias. Se necesita asistencia técnica, póñase en
contacto co centro de servizo técnico local. Este dispositivo cumpre coa sección 15 do regulamento da FCC. O seu
funcionamento está suxeito ás dúas condicións seguintes: (1) Este dispositivo non debe provocar interferencias
perigosas e (2) este dispositivo debe aceptar as interferencias recibidas, incluídas as que provoquen un
funcionamento non desexado. Calquera cambio ou modificación que non se aprobe de xeito expreso por Nokia
podería anular a autorización do usuario para utilizar este equipo.
/Edición 1.1 GL